Cantares e contares de Mini e Mero para a sesión vermú

a. l. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

XOSÉ AMEIXEIRAS

Ofreceron un amplo recital do mediodía, con temas como Aradiño de pau, coreados polo público

18 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Un amplo recital do mediodía, con temas como Aradiño de pau, coreados polo público. Tamén houbo espazo para temas de amor, como unha poesía de Xosé Neira Vilas. Dicía Mero que cando un está máis anoxado co que sucede na sociedade hai que cantarlle ao amor. A dorna, con letra de Cunqueiro, ao que Mero tamén lle dedicou outra longa parrafada e loou a súa calidade de escritor. No seu percorrido pola amplo repertorio a parella tamén sacou cantares de cego. Deste xeito quixeron homenaxear aos músicos que durante séculos percorrían feiras e acontecementos sociais. A sala da Fundación Pondal estaba ateigada de xente para escoitalos cantar e contar. Falaron da súa recollida de música tradicional e da súa relación cos regueifeiros. Houbo tamén un cantar de feira dedicado a Manuel Ponte Pedreira, un dos maquis da posguerra. Co argumento de que Galicia é a terra con máis e bos poetas, interpretaron Penélope, de Xosé María Díaz Castro, e Irmáns, de Celso Emilio Ferreiro, tamén coreado por unha parte do público. Coa Rumboia incluso saíu a bailar unha parella de mozas e xa con Como hei de vivir sen a luz túa, ao final, levaron os máis fortes aplausos.