O talento infantil recadou 300 euros para o Monte Branco

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Medio cento de rapaces tomaron parte onte na segunda edición do certame infantil Álvarez de Sotomayor

18 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Medio cento de rapaces tomaron parte onte na segunda edición do certame infantil Álvarez de Sotomayor deixándose inspirar polas paisaxes pondalianas. Os pequenos contaron co asesoramento dun grupo de artistas do colectivo Crea Formas - Cristina Castro, Santi Picos, Isa Fernández, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro e O’Mighelo- e o resultado do seu traballo tivo premio na poxa benéfica coa que se pechou esta actividade. A recadación pola venta das súas pinturas ascendeu a preto de 300 euros que, ao igual que o ano pasado, serán empregados no ben común. Nesta ocasión, o obxectivo é axudar a recuperar o miradoiro do Monte Branco, que foi vítima do vandalismo, preparando un mural de contido ambiental. De novo, os responsables de Crea Formas serán os encargados de guiar a un grupo de rapaces para dar forma a un proxecto que a Fundación Pondal espera ter listo para o 2 de xuño.