«Entendemos el premio como una reafirmación de que vamos por buen camino»

P. b. m. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A Fundación Pondal quixo recoñecer este ano aquel apoio primeiro que, xa nos anos 90, lle brindou a Fundación Barrié

14 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Pondal quixo recoñecer este ano aquel apoio primeiro que, xa nos anos 90, lle brindou a Fundación Barrié para levar a cabo o encontro inaugural do que hoxe son os Simposios Pondalianos. José María Arias Mosquera, presidente desa institución, explicaba hai uns días nestas mesmas páxinas que o galardón Bo e Xeneroso lle chega á Fundación Barrié nun ano moi especial, o do 50.º aniversario da entidade. É, pois, un galardón agradecido: «Lo entendemos como una reafirmación de que vamos por buen camino y que nuestros esfuerzos por contribuir al desarrollo de Galicia son acertados», explicou.

Arias Mosquera indicaba que, se ben o recoñecemento ao traballo é algo realmente importante, tamén o son a responsabilizado e o esforzo, premisas que, para a Fundación Barrié, conviven no seu día xunto con outros valores como a excelencia, a innovación ou, tamén, o compromiso. Lembra que, xa naqueles anos noventa iniciais, os Simposios Pondalianos, promovidos pola asociación Monte Branco, reunían a reputados investigadores e intelectuais do ámbito da cultura e a educación, dúas áreas que ocupan un lugar destacado na institución que el preside.

Para el, todo o que se fai dende a pequena Aldea do Couto amosa que o importante é o traballo, aquilo que se fai e aquilo que un saca adiante, e non tanto o lugar dende o que se traballa. Dende un pequeno recuncho, por tanto, poden facerse cousas moi grandes.

Aínda estando agora no 50.º aniversario, e tendo por tanto xa moita traxectoria, os retos nunca deixan de existir para a Fundación Barrié. Segundo o seu presidente, en definitiva, hai sempre un que é clave: a pretensión de estar un paso por diante das necesidades da sociedade, «y en ello trabajamos desarrollando destacados proyectos en los ámbitos de la educación, cultura, ciencia y acción social». Hoxe, recollerá o premio no nome da entidade María Luísa Martínez Poch.