«Son uns vimbios para facer un cesto poético realmente bonito»

La Voz

CARBALLO

19 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

? Xosé María Varela explicou onte que a acollida de Galaxia foi moi boa desde o primeiro momento e que a colaboración da editorial resultou clave para «deseñar a actividade, para elixir aos relatores e para suxerirnos determinadas cuestións que nós ao mellor non tiñamos claras». O seu director, Francisco Castro, destacou a importancia de todos os creadores que tomarán parte en Dombate Primavera da Poesía e asegurou que o de onte foi un día de celebración para Galicia porque «son uns vimbios para facer un cesto poético realmente bonito». Castro explicou ademais, que pese aos cambios que experimentou a editorial en datas recentes -el mesmo accedeu a dirección hai apenas 3 meses sucedendo a Víctor Freixanes- a colección de poesía seguirá levando o nome de Dombate. Apuntou tamén que acaba de chegar as librerías un novo volume, Na casa da nova, de Marta Dacosta, unha autora que debutou precisamente con Galaxia «hai vinte e pico anos, nunha colección que se chamaba Descuberta e que botou a andar Carlos Casares para que as novas escritoras e escritores tiveran un espazo».