Quero ser a voz da veciñanza

Begoña Rodríguez DIPUTADA DO PSDEG

CARBALLO

27 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

CO meu compromiso coa Costa da Morte e a defensa dos seus sectores produtivos así como a vertebración económica e social do territorio.

A Costa da Morte segue a ser periférica, a día de hoxe a autovía con Carballo non chega a todos os concellos, a comunicación con Santiago é deficitaria; o transporte público e metropolitano é deficiente (baseado en rendibilidade económica e non como servizo á cidadanía); non existe un transporte por ferrocarril de proximidade.

O despoboamento da nosa comarca vén unida aos índices de paro, ausencia de industria e falta de apoio aos sectores agrogandeiros e da pesca. Por iso, o saneamento das rías, xeradoras de riqueza para o sector pesqueiro é imprescindible para o desenvolvemento do sector, así como mediar entre as explotacións e as industrias agrogandeiras.

Quero ser a voz da veciñanza no Parlamento Galego