Regreso ás librarías de María Canosa e Concha Blanco con «Non é París» e «Do Re Mi Fantasía»

La Voz

CARBALLO

Bolanda acaba de publicar as dúas novas obras das autoras ceenses

25 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais de polos seus lazos familiares, as autoras ceenses Concha Blanco e María Canosa -nai e filla- están unidas pola súa paixón pola literatura, unha actividade que as volve a traer ao escaparate das novidades editoriais con cadansúa obra, pero sen deixar de tecer fíos entre as dúas. Non neste caso porque se decanten polo memos xénero, posto que pouco ten que ver a nova incursión do eido da novela para o público adulto que fai María Canosa en Non é París coa combinación de poesía e contos que regala ao infantil e xuvenil Concha Blanco en Do Re Mi Fantasía, pero si polo feito de que ambos libros chegan da man ás librarías por iniciativa da editorial Bolanda. Ademais, Olaya Naveira, autora das ilustracións que acompañan os textos da segunda obra é tamén a responsable das cubertas da primeira.