Fondo debe pedir perdón

Lois García Carballido TRIBUNA ABERTA

CARBALLO

26 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Oseñor Fondo debería pedir perdón de xeonllos por arruinar os seus veciños e meterlles subas de impostos durante dez anos.

Menos mal que decidiron que non seguira de alcalde, porque así este goberno anulou eses aumentos. Non é un chiste a situación do Concello. As contratacións a dedo do exalcalde, tan absurdas como abonos ao Deportivo por dez mil euros, ou 360.000 euros en encargos ao mesmo mecánico, deixaron 5,5 millóns de débeda. Boa parte da miña xornada pásoa buscando aforro na xestión diaria e negociando descontos cos acredores, a única maneira de salvar este desastre. ¿Cómo enganou a tanta xente tanto tempo? Sabendo mentir ben. Como minte cando critica aos socorristas de forma irresponsable.

Fun anos voceiro e nunca vin un exame de socorrista en piscina porque Fondo non os facía. Os nosos socorristas non necesitaron dos catro minutos de máximo para sacar o boneco da auga e saben facer masaxe RCP cardíaco e que o boneco non trague auga, o realmente importante. Empezaron o 2 de xullo en Balarés. Señor Fondo, este goberno tripartito está pagando o que contrata, e por riba todos os pufos que vostede deixou. Por exemplo os 7 socorristas págaos o 100 % unha subvención que vostede non pedía. Era máis fácil cargarllo aos veciños ao lombo.