«Foi unha etapa continuísta, na que as axudas foron para asfaltar vías»

La Voz

CARBALLO

Eladio Verdía, do PSOE, cree que as necesidades sociais merecen máis gasto

29 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Eladio Verdía, voceiro do grupo municipal do PSOE, considera que este ano «foi unha etapa continuísta, que que as axudas de outras Administracións foron para asfaltar vías». Quéixase de que «segue sen despegar o polígono» e que «non hai medidas para a Xuventude, nin de fomento do emprego máis aló do plan da Deputación, que tamén é para maiores de 45 anos». Protesta especialmente porque as axudas do PAS que tiñan que ser atender necesidades sociais foran para vías rurais. «Nós, en momentos puntuais, apoiamos mocións do goberno local, pero eles sempre impiden as da oposición, votando en contra da urxencia», di.