«En Borneiro sempre houbo moita vida, desde o neolítico»

La Voz

CARBALLO

Ángel Eiroa no pavillón de Dombate
Ángel Eiroa no pavillón de Dombate . J.M. casal

O guía de Dombate explica o percorrido do Día da Bicicleta

04 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ángel Eiroa é un bo coñecedor de Borneiro, donde está o dolmen de Dombate, centro do primeiro Día da Bicicleta que organizan este ano Radio Voz e La Voz de Galicia.

-¿Como é o percorrido?

-A parroquia permite un percorrido circular, empezando e rematando en Dombate, lonxe de estradas principais que é mellor evitar. Tamén facemos aí a carreira popular en setembro. En Borneiro sempre houbo moita vida, desde o neolítico ata o de agora, pasando pola Idade de Bronce e a cultura castreña.

-A xente que aínda non o coñeza pode aproveitar para visitar o dolmen.

-É unha desculpa para xente que non lle cadraba de vir. Eu vou ir co grupo ciclista pechando o pelotón, pero Virginia Ameijenda vaise ocupar de atender aos visitantes. En torno ao dolmen, que é principio e fin do percorrido, sempre quedan familias e xente que agarda que remate y percorrido. O certo é que esta é unha actividade de turismo activo ou deportivo no que se aproveita para o cultural.

-¿Son precursores desde tipo de actividades?

-Non, xa está todo inventado. En Itálica, en Sevilla, faise algo semellante e tamén en Atapuerca. Hai en Valladolid unha ruta cicloarqueolóxica tamén. Estas cousas fanse en moitos lugares.

-Este é o segundo ano no que se parte de Dombate.

-Si, é a segunda vez que se fai, desde que temos o convenio coa Deputación para a xestión cultural do dolmen. En Cabana xa houbera percorridos en bicicleta nos anos 90 e despois pararon no 2000. Agora aproveitamos o tirón de Dombate.