Sogama conta cunha 'app' para facilitar a reciclaxe á poboación

La Voz

CARBALLO

Está dispoñible tanto en Android como en iOS

11 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A entidade pública Sogama ten unha aplicación accesible a través de teléfonos móbiles con sistema operativo Android e iOS que permite aos usuarios realizar consultas a tempo real e obter resposta inmediata. Nela inclúense os recipientes de recollida selectiva habilitados nas vías públicas. Ademais, tamén se fai referencia aos puntos limpos e á compostaxe doméstica. Explícanse na aplicación as vantaxes que ten a clasificación de residuos. Dispón tamén de un xogo no que os usuarios poden poñer a proba todo o aprendido dun xeito divertido. Unha aplicación que, tal e como explican desde a entidade, pretende axudar a separar correctamente os residuos.