O equipo do IES Parga Pondal logra o seu pase á final do certame escolar Club de Debate

La Voz

CARBALLO

O equipo carballés impúxose nos dous debates de onte e foi segundo.
O equipo carballés impúxose nos dous debates de onte e foi segundo.

Na proba celebrada onte Narón, os estudantes quedaron segundos

06 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Carballo volverá estar presente na fase final do Club de Debate, o certame escolar que desde hai cinco anos organizan os servizos de normalización lingüística de varios concellos de toda Galicia. Este ano, a capital bergantiñá só tiña un representante nesta competición pensada para incentivar a oratoria en público, o uso do galego e o pensamento crítico entre os estudantes, pero non fixo falta máis para superar a fase de zona -celebrada onte en Narón- e facerse un oco entre os mellores de Galicia.

O equipo integrado polos alumnos Ana Abelenda, Samuel Parafita, Yolanda Varela, Natalia Álvarez, Cecilia Remersaro, Laura Pereira e Iago Abelenda, e coordinado polas profesoras Beatriz Cuesta e Basi Pacoret, superou os seus rivais da xornada -o IES Leixa, por 144 puntos a 142,5, e o Compañía de María, por 175 a 127,75- e superou a fase zonal como segundo mellor clasificado da xornada. O tema a debate onte era a acollida ou non das persoas refuxiadas.

A fase final, na que participarán oito centros de toda Galicia, disputarase o 30 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.