A Costa da Morte, na directiva dos Escritores en Lingua Galega

La Voz

CARBALLO

Rosalía Fernández Rial entra na xunta que preside Cesáreo Sánchez

18 feb 2015 . Actualizado a las 12:20 h.

Rosalía Fernández Rial está que non para. Ademais de lanzar xunto a Serxio Moreira o seu primeiro disco baixo a denominación de proxecto ELO, a poeta carballesa-muxiá -e presidenta de asociación cultural Lumieira- acaba de incorporarse á directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), entidade que preside Cesáreo Sánchez Iglesias e que celebrou o sábado unha asemblea en Compostela.