Suso Lista opta a un dos premios dos editores galegos

CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

«Salseiros» é un dos finalistas na categoría de mellor libro de ficción

31 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O debut literario do cormelán Suso Lista, Salseiros, sigue colleitando éxitos. O máis recente a súa inclusión na lista de candidatos ao premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción 2014, que concede a Asociación Galega de Editores. Aspiran ao mesmo galardón Federico Delgado con Ícaro; Agustín Fernández Paz con A viaxe de Gagarin, Suso de Toro con Sonámbulos e María Reimóndez con Dende o conflito.