«Transmítolle todos os días aos meus fillos o respecto polo medio»

maNUEL RIAL CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ethel Vázquez atendeu a Ecovoz no primeiro programa da edición deste 2015.
Ethel Vázquez atendeu a Ecovoz no primeiro programa da edición deste 2015. álvaro ballesteros< / span>

Cre que a concienciación ambiental debe ensinarse desde a casa e a escola

27 ene 2015 . Actualizado a las 04:46 h.

A marcha de Agustín Hernández á alcaldía de Santiago de Compostela, o pasado xuño, levou a Ethel María Vázquez Mourelle (Ponteceso, 1972) a unha das consellerías con máis frontes abertos na Xunta. É enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, e antes ocupara os cargos de directora de Augas de Galicia e da Axencia Galega de Infraestruturas. -¿Por que se rebaixa o 10 % a taxa do lixo despois de subila un 34 % o ano pasado? -A nova lei do mercado eléctrico poñía en risco a viabilidade de Sogama e tivemos que actuar. Non só subimos o canon, senón que fixemos un plan para incrementar os ingresos e reducir gastos. Por iso podemos baixar agora a taxa. -Agora mesmo son 43 os concellos que, por problemas de tesourería ou por rebeldía, non están pagando a Sogama. -A inmensa maioría dos concellos, 281 exactamente, son conscientes da importancia de que Sogama funcione, e por iso pagan. Os que non o fan por problemas de tesourería ou administrativos terán facilidades. Pero aqueles que non o fan de xeito intencionado están actuando de maneira insolidaria e irresponsable e deben de dar explicacións aos seus veciños, porque si lles están pasando o recibo. -Aos que non paguen poderanlles reter a súa partida no Fondo de Cooperación Local. ¿Por que se toma unha medida tan drástica? - Hai que ter en conta o esforzo dos concellos que pagan. Se outros se negan, están poñendo en risco un servizo que é voluntario. É unha medida responsable. -¿Están abertos ao diálogo no plan xestor das Fragas do Eume? -Queremos consenso entre e estamos abertos ao diálogo. Máis adiante atenderemos todas as peticións que sirvan para compatibilizar o respecto ao entorno co crecemento económico e o uso e desfrute deste enclave. -¿Cómo está Galicia en canto á concienciación de redución, reutilización e reciclaxe? -Queda moito por facer e precisamos da colaboración de todos, pero estase avanzando no bo camiño. Hai datos positivos, cun incremento importante na recuperación do vidro (un 80 % desde que comezou Sogama) e nos envases lixeiros (6 % no 2009 e 22 % no 2014). -¿Repunta a compostaxe? -Neste ano licitaremos unha nova planta de compostaxe en Sogama e estamos moi sensibilizados con esta cuestión. -Nos vertedoiros incontrolados aínda queda moito por facer. -Traballamos para eliminalos definitivamente. Investiremos máis de dous millóns de euros para este eido no 2015 e aumentaremos a rede de puntos limpos. -¿Como valora iniciativas como a de Ecovoz? -Os medios de comunicación e os educadores desempeñan un papel imprescindible. É moi necesario que os rapaces medren sendo conscientes da importancia de respectar o medio ambiente. Eu transmítollo todos os días aos meus fillos. ethel vázquez mourelle cONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE, territorio e infraestruturas