A representación local correrá a cargo de alumnos do Alfredo Brañas e o Parga Pondal

La Voz

CARBALLO

22 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A representación carballesa tamén medrará este ano no Club de Debate, posto que participarán dous grupos de alumnos do IES Alfredo Brañas e un do Parga Pondal. O obxectivo de todos eles será tratar de estar na fase final, que se celebrará na capital bergantiñá o 26 de abril baixo o lema de Herdamos o galego, temos que transmitilo. Pero para logralo deberán superar a competición zonal que terá lugar no Teatro Jofre de Ferrol o 7 de marzo e na que se medirán aos alumnos locais e aos de Negreira. As outras probas zonais serán en Ames o 27 de febreiro para os alumnos dese municipio, Santiago, Teo e Rois, e en Pontevedra, o 7 de marzo, para os representantes locais e os do Carballiño.

Os dous equipos que logren a súa clasificación na fase zona recibirán cadanseu premio de 500 e 300 euros en material escolar, mentres que o gañador final levarase un fin de semana de multiaventura para 20 persoas.

Con anterioridade á competición, os grupos participarán nunha xornada de formación para repasar as normas e practicar as habilidades comunicativas.