«Se hai máis usuarios, as empresas de transporte terán interese en prestar servizos»

La Voz

CARBALLO

21 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A inclusión nas áreas metropolitanas é unha vantaxe para os usuarios, pero pouco se pode facer se a oferta de buses é escasa ou vai a menos. E en Carballo, e na Costa ad Morte en xeral, leva anos indo a menos.

-¿Hai posibilidade de que se mellore o servizo ou de que aumenten os traxectos?

-As liñas metropolitanas son a risco e ventura. As empresas non están subvencionadas pola Xunta. Nós o que facemos é incentivar aos usuarios. E se hai máis usuarios, as empresas de transporte terán máis interese en prestar mellores servizos. A xente moverase máis. Nós cremos na necesidade de ter un transporte público de calidade, e apostamos polo seu uso. Por certo, que estamos para licitar unha aplicación para coñecer en tempo real toda a oferta de transporte. Poder saber en calquera momento e lugar as posibilidades existentes, a que hora pasa o bus para saír con tempo. Será preciso que se adhiran as liñas.

-Para Carballo será algo novo, pero A Laracha e Cerceda xa teñen este servizo, e tamén outros moitos concellos de Galicia. ¿Que resposta lograron?

-A percepción que temos por parte dos usuarios é moi boa. É certo que as redes de transporte reducíronse nos últimos anos polo incremento da mobilidade privada, entre outros factores, pero a evolución está sendo mellor en sitios onde si existen estes descontos e incentivos. En xeral, a xente está moi contenta con esta posibilidade.