Reis, de Laura Cambeiro Martínez

La Voz

CEE

20 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Reis era unha nena pequena que estaba durmida nunha barquiña a carón da costa. Atopárona unhas mariscadoras na costa dunha vila chamada Muxía. Cando a viron, dixéronse unha á outra:

-¿Que será iso? Parece unha nena.

Acercáronse a ela e intentaron espertala.

-¿Quen sodes?

-Eu son Belén, e ela é Paz. ¿E ti quen es?

-Eu chámome Reis, e vivo preto do mar alí onde baten as olas.

Belén e Paz, que ademais de mariscadoras eran irmáns, decidiron axudar á nena xa que estaba espida. Reis púxose moi contenta. Vestírona cun traxe de liño para que estivera ben bonita.

Cando chegou a noite de Nadal fixeron unha cea e regaláronlle un libriño, unha árbore pequena e un cascanoces de xoguete.

Reis estaba moi leda de compartir aqueles días con Belén e con Paz, pero botaba de menos a barquiña onde a atoparan. Non era unha barca calquera, senón unha barca de pedra ou unha pedra que facía de barca, non se sabía moi ben. Aínda que estaba moi a gustiño coas irmáns, quería volver ao lugar onde nacera aquela noite de Nadal. Botaba de menos a pedra de abalar. Colocárona enriba da pedra e desapareceu. Dende aquel día, todas as noites de Nadal a pedra onde nacera Reis móvese entoando panxoliñas abaladoiras. As doce badaladas de Muxía escóitanse no mundo enteiro: é a noite na que mellor se dorme co son que emite o mar.

Laura Cambeiro Martínez

Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee

Terceiro de primaria