Pulguiña pérdese, de Aroa Haz Pazos

La Voz

CARBALLO

MATALOBOS

20 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai moitos anos, o día de Noiteboa, ocorreu unha historia sorprendente na vila de Antía. Desde aquela celebran un Nadal precioso. Veredes por qué:

Os avós de Antía regaláronlle unha cadeliña moi chusca. Era tan pequena que a nena decidiu pórlle de nome Pulguiña.

Pulguiña tiña as orellas caídas, o rabo curto e os ollos alegres. Era xoguetona e ladradora.

Pasou o tempo e fixéronse moi amigas, inseparables: xogaban na casa, ían xuntas ao parque, paseaban...

Os pais da nena, se lle compraban un xoguete para ela, algo lle mercaban tamén para Pulguiña: un mordedor, unha caseta de durmir, unha mantiña para o frío... En fin, a cadela era verdadeiramente un membro máis da familia.

Un día, concretamente, un vinte e catro de decembro, a cadeliña desapareceu.

Xa desde a mañá se decataron que faltaba. ¿Perderíase? Comeríaa algún famento animal? ¿Roubaríana?

Toda a familia: avós, papá, mamá, Carlos (o irmán de Antía) e Antía buscárona sen parar. Non a atoparon!

Decidiron chamar a distintos establecementos por se a viran. ¡Nada de nada!

Entón, a alguén se lle ocorreu que cada veciño saíse co seu can ou cadela a ver se, ao ladraren, Pulguiña respondía.

Moita xente que non tiña cans sacou os gatos. Outras as vacas, as ovellas... ¡Vían tan triste a Antía!

Durante toda a tarde percorreron o pobo enteiro. Pulguiña non estaba por ningures.

Xa caía a tarde cando Antía regresou á casa. Caíanlle moitas bágoas... ¡Para ela non era Noiteboa!

De socato, ao pasar pola praza do pobo, fixouse nun Belén que colocaran fóra, nos soportais. ¡Que sorpresa! ¡Que alegría! De par das figuriñas do portal, preto do Neno, durmía Pulguiña, coma se fose unha figuriña máis.

Colleu a cadeliña no brazo e marchou feliz. ¡O animaliño lambeulle toda a cara!

A xente, ao enterarse, quedou sorprendida. Desde ese día, cada ano, levan aos seus animais e ponos en fila cara o Portal.

Aroa Haz Pazos

Colexio Vilarmide de Muxía

Nove anos