A maxia do Nadal, de Ainhoa Trillo Atán

La Voz

CEE

20 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Daniel medrara crendo no Nadal. A visita de Papá Noel era algo que desexaba todo o ano, igual que axudar aos seus pais coa decoración da árbore. Escribía a carta dúas semanas antes porque tiña medo de que non chegase a tempo. Pero un día toda a súa ilusión veuse abaixo cando o seu mellor amigo, Nicolás, contoulle que Papá Noel non existía, xa que el a noite anterior vira á súa nai colocando os agasallos debaixo da árbore. O rapaz, decepcionado, deulle miles de voltas a esta idea e chegou á conclusión de que, se isto era certo o Nadal xa non volvería ser igual. Pasadas varias semanas, e aínda que Daniel crera ao seu amigo, decidiu de igual modo escribirlle a carta a Papá Noel como levaba facendo desde que era cativo. Cando chegou a noite esperada, puxo o espertador para non quedar durmido e así saber se era a súa nai quen colocaba os regalos e poder saír de dúbidas. Pero non puido ser porque o espertador non soou.

Á mañá seguinte escoitou berrar á súa irmá pequena porque o salón estaba chego de regalos. Daniel acercouse correndo e alí estaba exactamente todo o que el pedira. «¿Como pode ser. Mentiríame Nicolás? -preguntouse-. Se eu non lle ensinei a carta a ninguén». O neno, moi inquedo, foi a onda a súa nai e contoulle o que o seu amigo lle dixera. Coma un furacán, empezou a preguntarlle todas as cousas que durante meses o preocupaban. ¿Mamá, como sabía Papa Noel o que eu lle pedira? ¿É certo que existe? Por favor, mamá, cóntame a verdade. A súa nai explicoulle que o Nadal é unha época de maxia e de sentimentos e que cando algo se desexa con moita forza pode chegar a cumprirse. A Papá Noel ningún pode velo cos ollos, pero si co corazón.

Para demostrarllo, a nai levouno a el e máis á súa irmá á casa dos veciños, que tiñan tres fillos e non tiñan moitos cartos porque o pai quedara sen traballo había uns anos. Cando chegaron, tiñan unha cociña chea de comida e os nenos estaban moi ledos porque lles deixaran unha morea de roupa debaixo da árbore. Daniel puido observar que tamén ese día eles eran felices.

Daniel -díxolle súa nai-, hai cousas que os teus ollos non poden ver, pero si o teu corazón. ¿Cresme agora, meu fillo? A maxia do Nadal reside na felicidade dos nenos, na bondade das persoas e nos pequenos xestos que temos coa xente que queremos. Agora tócache a ti dicirlle ao teu amigo Nicolás que o que facía súa nai era acomodar con amor os agasallos que Papá Noel lle trouxera e que, se deixa de crer na maxia do Nada, farase adulto moi rápido e perdérase unha etapa marabillosa da súa vida.

Ainhoa Trillo Atán

Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee

Cuarto de primaria