A ferradura, de Martín Liñeiro Iglesias

La Voz

MUXÍA

20 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Era unha vez un rapaz chamado Noé, a quen lle gustaba moito o Nadal. Noé ía a un colexio enorme onde tiña moitos compañeiros. Era bo rapaz e bo estudante. Grazas a iso, os Reis Magos trouxéronlle o que pediu: un balón de fútbol e un reloxo dixital. Sen embargo, o que máis lle ilusionou foi que lle regalaron un telescopio que nin sequera se atrevera a pedir. ¡Por fin cumpriría o seu soño de ver máis de preto as estrelas!

Cando Noé saíu xogar co seu balón novo, atopou unha ferradura no medio das plantas do xardín. Mostroulla ao seu pai. Era unha ferradura dun tamaño mediano, de cor dourado, algo vella. Estiveron investigando para ver de quen podería ser, pero non o averiguaron.

O neno levou a ferradura para o seu cuarto e colocouna na beira da súa cama. Pola noite, deu en brillar con tanta luz que parecía unha estrela.

Entón Noé lembrou o seu telescopio e asomouse á fiestra para ver o ceo. Cando estaba mirando a Osa Maior, que semellaba un carro, fixouse en que lle estaba a pasar polo lado outro carro aínda máis brillante, moi adornado e dirixido por uns camelos. O rapaz observou con moito detemento e viu que a un camelo lle faltaba unha ferradura. De seguida se decatou de que era a que el tiña no seu cuarto.

Seguiu a mirar un bo anaco porque el non podía crer que os camelos estiveran voando.

-¡Claro!, pensou. ¡Son os camelos dos Reis Magos! ¡Andan repartindo os regalos! ¡Seguro que dentro do carro van os Reis Magos!

Esa noite era tan fermoso o que pasaba no ceo que Noé quedou durmido enriba do telescopio, cun sorriso nos beizos e coa ferradura na man.

Pola mañá cedo, a súa nai entrou no cuarto de Noé para espertalo. O neno contoulle toda a historia. Mais, cando ía mostrarlle a ferradura, non a atopou. Abriu a man e, no canto dela, caeu ao chan un papeliño dobrado en forma de estrela. Noé abriuno e leu. Dicía así:

-¡Grazas por gardarma! Que sigas sendo bo. Ah! E non deixes de mirar ao ceo! Bicos de Meliot (o cabalo de Melchor).

Martín Liñeiro Iglesias

Colexio Vilarmide de Muxía

Nove anos