Boliña e a miragre do Nadal, de Daniela Alves Estévez

La Voz

CARBALLO

20 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Aquí estou, colgada na árbore coas miñas amigas, pero antes vou contarvos a miña historia.

Levabamos días preparándonos e xa estabamos impacientes por saír da nosa caixa e colgarnos da árbore, pero de súpeto escoitamos dicir: «Esas bolas de Nadal son vellas, pero teño unha solución, así que mercarei unhas novas para que este ano a nosa árbore teña un toque diferente».

Esas palabras fixéronme reaccionar e tiven unha idea para recuperar as nosas posicións na decoración da árbore e así evitar o noso abandono. Saín da caixa en busca das únicas persoas que nos podían axudar, os Reis Magos. Cheguei a Oriente por mar polo que fun ata unha praia e atopeime cunha botella chegada dunha longa viaxe que me dixo: «Non te adentres no mar que é moi perigoso». Eu non fixen nin caso e ao cabo de tres minutos estaba no fondo do mar. Alí atopei a Cangrexín, que estaba a construír un bote e regaloume unha botella de osíxeno para chegar á superficie. Arribei noutra praia, onde me recolleron un corro de nenos, rebozáronme con area e colocáronme nun tobogán infantil.

Cando os nenos marcharon largueime de alí, atopei unha avioneta de xoguete que de forma máxica e axudada polos ventos levoume ata Oriente.

Cando cheguei atopeime cunha palmeira que me subiu no seu tronco e así desde aí poder divisar por onde ir en busca do Reis. Camiñei e camiñei e atopei unha casiña. Unha casiña vermella cun tellado azul e un xardín cheo de area de cores e agasallos. Dubidei e dubidei pero ao final entrei na casa e atopeime cos tres reis magos. Eu xa os coñecía, ó fin e ao cabo son unha boliña da árbore e teño que velos todos os 6 de xaneiro. Atopeime diante da longa barba de Melchor e subín nela e fixen unha quentiña viaxe polo corredor e pedinlle un desexo: que eu e as miñas compañeiros queriamos volver a árbore e que non nos tirarán ao lixo.

Entón, os Reis leváronme á casa e a través dun sono dixéronlle os meus donos que non compraran bolas novas. Cando espertaron colocáronos na árbore e aquí estou colgada despois de tanta viaxe.

Daniela Alves Estévez

Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee

Cuarto de primaria