A aldea perdida, de Noé Souto Pose

La Voz

CARBALLO

20 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Había unha vez unha aldea moi pequeniña. Tiña tres casas e en cada unha vivía unha familia. Na primeira casa vivían dous nenos xemelgos chamados Pedro e Pablo, tiñan seis anos e tamén vivían seus pais e o avó Pepe. Na seguinte casa vivía Sara e os seus pais, a nena tiña cinco anos e era a máis nova da aldea. Na última casa estaba a familia de Xacobo, que tiña nove años, os seus pais e máis os seus dous avós.

Os nenos xogaban todos os días xuntos, xa que non tiñan que ir á escola, porque no lugar onde vivían non había estradas e ninguén sabía que existían xa que era imposible chegar a esa lugar.

Era a principios de decembro e os nenos empezaban a estar moi tristes porque ía chegar o Nadal e eles ían quedar sen regalos dos Reis Magos. Nunca tiveron agasallos porque era imposible poder chegar á aldea Perdida.

Como non tiña nada que facer Sara, Pablo, Pedro e Xacobo foron explorar o volcán Pandemillo. Era moi profundo e escuro, pero eles eran atrevidos e non tiñan medo a nada. Colleron unhas cordas e foron baixando polo cráter do volcán. Cando chegaron todos abaixo quedaron coa boca aberta. Alí estaba todo cheo de regalos e en cada un había unha tarxeta cos nomes dos nenos e a firma dos Reis Magos. Os Reis como non podían chegar a aldea ían deixando os agasallos ano tras ano na boca do volcán. Os nenos querían subir cos regalos pero era imposible, xa que eran moitos. Estiveron un anaquiño pensando e decidiron subir eles e deixar os paquetes para o día seguinte.

Pola mañá cedo os nenos e as súas familias foron ao volcán para sacar os seus agasallos. Levoulles todo o día, pero non lles importou porque todos estaban moi ledos. No fondo de todo tamén encontraron un pequeno cofre que estaba cheo de ouro.

Foron para a súa aldea e alí repartiron os agasallos. Co ouro que atoparon decidiron gastalo en facer unha estrada para poder comunicarse co resto do mundo e máis para que os nenos puideran ir á escola e o máis importante de todo, para que os Reis Magos puideran chegar sen problemas á aldea Perdida.

Noé Souto Pose

Colexio As Revoltas (Cabana)

Cuarto de Primaria