Galicia enteira

La Voz

CARBALLO

28 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A lareira do Couto alumea Galicia enteira. O seu espírito é un exemplo para todos e o seu traballo non admite dúbidas. É certo que podían ter sido outros, pero non hai dúbida de que os que recibiron onte os premios Bos e Xerenosos son ouro de lei, e merécenos. É un dos máis grandes galardóns que pode recibir un galego. Un recoñecemento que sae do cerne do himno, e no berce mesmo de Pondal.