Alfonso Rueda, «orgulloso» do «milagre que se fai nesta aldeíña»

La Voz

CARBALLO

28 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao acto de onte acudiu tamén Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, ademais de patrono da Fundación dende hai uns meses. El, que ao comezo do encontro entregara un agasallo ao director do colexio Eduardo Pondal, José Venancio Ures, renunciou ao seu discurso e falou co sentimento. «Creo que se fai algo moi grande a través desta fundación», apuntou. Promoción, dinamización e difusión da cultura e lingua galegas. Mostrouse orgulloso de traballar na Xunta para poder defender Galicia e de ser membro do padroado da fundación e testemuña do «milagre que se fai nesta aldeíña, no Couto». Dixo estar tamén orgulloso de participar «no cariño que aquí se percibe» e orgulloso «de ter o mesmo sentimento, ter nacido no mesmo sitio e compartir o mesma Galicia que estes premiados». Animou a seguir traballando e dixo, ademais, que nunca esquecerá o café que tomou na lareira da sede da fundación o día que pasou a formar parte dela.