Palabra e música con Manuel Rivas nun novo día de Simposio Pondaliano

carballo / La voz

CARBALLO

26 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A xulgar polos comentarios de quen participa e lle dá vida ao Simposio Pondaliano, o bardo non podería estar nada descontento das moitas actividades que arredor da súa figura se organizan no Couto, en Ponteceso. Unha das principais é o Simposio Pondaliano, que hoxe vive unha nova xornada de charlas e conferencias da man dun autor ben querido na Costa da Morte, porque tamén el lle quere. Nada menos que Manuel Rivas, que chegará á casa reitoral, sede da Fundación, con A raposa e a mestra. Súa será a palabra, pero non faltará a música, pois terá acompañamento musical a cargo de Cé Pantasma. Un acto para non perder.