«Sen a xente que nos apoia ano tras ano Cáritas non sería nada»

M. R. / Á. P. carballo / lA voz< / span>

CARBALLO

María Jesús Varela.
María Jesús Varela.

20 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A pavillón de Cabana acollerá este sábado a novena edición da cea solidaria que organiza Cáritas Parroquial de Cesullas, entidade que preside María Jesús Varela.

-Como afrontan estes últimos días antes da cea

-Pois con moito atafego porque estas cousas dan moito traballo. Loitando ano tras ano e coa ilusión de chegar o próximo á cea número dez, e contando cos amigos de sempre porque xa somos como unha familia. Hai que agradecerlle de todo corazón á xente que ano tras ano nos apoia porque sen eles Cáritas non sería nada.

-O que recaden non será só para Cáritas.

-Si, como vimos facendo estes últimos anos, compartiremos con Proxecto Home porque é unha entidade que aí está, que tamén é da Igrexa, que colabora con nós tamén sempre e que fai un labor extraordinario. Con respecto ao resto dos cartos, a diferenza desde este ano é que a nosa parte será para Cáritas Diocesana de Santiago; normalmente sempre o mandabamos a África, pero debido ao que todos estamos vendo en España cada día hai máis necesidades aquí e creo que é lícito empregar eses cartos aquí. Ademais, nas cidades as necesidades son moito maiores que nas aldeas, e nós coa que a xente nos vai axudando no día a día ímonos arranxando.

-¿Canta xente esperan reunir?

-Estamos chegando as catrocentas persoas, pero queríamos chegar ás cincocentas así que a ver se entre todos lle damos un empuxón porque o prezo (20 euros) é case simbólico, é o mínimo que podemos poñer. Desa cantidade, 15 son para o restaurante e os 5 restantes para nós.