Operación maquillaxe

Serxio Domínguez

CARBALLO

20 nov 2014 . Actualizado a las 18:07 h.

¡Afúndense os cimentos, dádelle unha man de pintura!, así rezaba unha viñeta de El Roto, fai unhas semanas, e iso é exactamente, o que acontece en Cee nos útlimos tempos. O panorama político para o PP na bisbarra non é, nen moito menos, esperanzador para os seus intereses, polo que a aposta é case a unha carta, a de Zaira Rodríguez e a Alcaldía de Cee. Así, vemos comos nos últimos meses, Xunta e Deputación abriron a billa do diñeiro público, e chegan regatiños cheos de tímidas subvencións, para tratar de lavarlle a cara o pobo de cara as eleccións de maio. O cambio da plaqueta exterior do mercado municipal, pouco durou a que tiña; o pintado da Casa do Concello ou outra nova axuda para a Casa da Cultura, deixan claro que, correndo, e a última hora, o PP trata de aupar a súa candidata. Desde logo, o Bng ao que represento, non vai a criticar que veñan eses cartos, non imos decir que as obras non son precisas, que si o son, é moito, sinxelamente nos chama a atención o desembarco intencionado a portas dunhas eleccións municipais, cando este goberno leva mais de dous anos e medio, e tempo houbo para facer estas e outras actuacións; a ninguén se lle escapa que pintar o Consistorio en novembro non é o millor momento. Benvidos sexan eses euriños e outros que queiran darnos de esmola, mais o verdadeiro problema do pobo está onde non se ve, baixo o asfalto. Vemos como coas primeiras e tíbias choivas, as inudacións en garaxes e sotos deron comezo, tempo houbo dende as primeiras, mais nada se fixo. Cee precisa ser aberto en canal e comezar en serio, e dunha vez por todas, coas obras de saneamento, de separación de augas fecais e pluviais, para que se pare de verter directamente na canle que atravesa o pobo, para que a depurtadora de Cubiles reciba soamente a auga que hai que depurar, e non a da choiva. Unha Edar que debe desempeñar a laboura para a que foi deseñada, e na que tanto diñeiro se gastou, depurar auga e vertela limpa a nosa ría. Unha ría limpa e saneada poderá volver ser, verxel de vida marisqueira e fonte de traballo e actividade económica. Só deste xeito, e non de ningún outro, poderemos comezar a crer que o PP lle preocupa Cee, porque só así, e acompañado de outras actuacións, como a de non espantar as empresas, poderemos comezar a crear emprego e futuro na vila. Ou comezamos en serio a crear vida, ou o futuro é mais negro que os fondos da propia ría. A maquillaxe pode estar ben para un momento, pero sen ter a cara ben limpa, de nada vai valer.