HOXE
Manuel Ferreiro. 17.00 horas. Conferencia: «Perfil biográfico de Pondal». Ferreiro é un dos maiores expertos, se non o que máis, na figura do bardo.
MÉRCORES 5
Xurxo Souto. 18.00 horas. Conferencia: «A verde Erín». Ademais, haberá un exemplo de boas prácticas literarias, co IES de Guitiriz e o seu ano de Díaz Castro.
SÁBADO 8
Roteiro Pardo Bazán. Forma parte das actividades paralelas. Saída en bus ás 11.00 dende o pombal da reitoral. Visita á Coruña e ao Pazo da Mariñán.
MÉRCORES 12
Rosa Aneiros. 18.00 horas. «Literatura galega actual». Haberá outro exemplo de boas prácticas, co IES Urbano Lugrís, ademais dun roteiro literaria con X. Abella.
SÁBADO 15
Cova Céltica. 17.00 horas. Presentación de libros publicados ao longo deste ano 2014 por parte de autores da comarca da Costa da Morte ou vencellados a ela.
MÉRCORES 19
Fina Casalderrey. 18.00 horas. «Literatura infantil e xuvenil en Galicia». Tamén, outro exemplo de boas prácticas literarias, arredor de Asunción Antelo, con Cristina Abelleira.
SÁBADO 22
Roteiro fotográfico pondaliano «Val Nativo». Saída desde o monólito pondaliano de Ponteceso ás 17.00. Roteiro fotográfico coordinado pola fotógrafa Ana García.
LUNS 24
Nos centros de ensino. A compañía Trinke Trinke pasará polo CEIP Eduardo Pondal, polo CRA Nosa Señora do Faro e por As Forcadas. María Canosa estará no instituto.
MÉRCORES 26
Manuel Rivas. 18.00 horas. Conferencia: «A raposa e a mestra». Co acompañamento musical de Cé Patasma. Boas prácticas musicais con Fernando Fraga: «Folcromías».
SÁBADO 29
«Non dés a esquecemento». 17.00 horas. Obradoiro de regueifa coordinado por Josinho da Teixoeira. A comarca de Bergantiños é unha das máis ricas en regueifa.