Escola do Espectador consolidada

La Voz

CARBALLO

23 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Conta Sueiro que a Escola do Espectador, posta en marcha este ano, chegou para quedar: «Co éxito que ten e o ambiente que hai na escola, queremos que faga carreira. É unha iniciativa para ver o teatro doutra maneira. Poida que faltase esa experiencia de que cada un vaia á función, teña a súa propia visión e logo poidamos xuntarnos para poñelas en común e que alguén [disto encárgase o crítico de teatro Camilo Franco] che vaia desgranando aspectos que igual non pensaches e que che dan novas claves para as seguintes obras, sendo mellor espectador». A experiencia como espectador é relevante: aí está a clave, por exemplo, das distintas valoracións que houbo sobre The Gagfather. «Hai xente en Carballo que vira a compañía oito veces, é difícil reinventarse, hai un compoñente de repetición. Ao meu fillo de 15 anos encantoulle. Eu teño 20 máis que cando viñeron por vez primeira».