A aventura dos Bolechas por terras carballesas vaise coñecendo

La Voz

CARBALLO

Unha das imaxes que ilustra o interior de «Os Bolechas en Carballo».
Unha das imaxes que ilustra o interior de «Os Bolechas en Carballo».

27 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Xa se sabía que a familia dos Bolechas viñeran a Carballo, e que o ían contar nun libro. De feito, estes personaxes infantís de Pepe Carreiro estarán o domingo, a partir das 18.00 horas, na Praza dos Libros, para atoparse cos nenos. Ás 19.30 presentarase a obra propiamente dita, Os Bolechas en Carballo. Non obstante, vanse coñecendo novos detalles: no seu percorrido, pasaron polo horto urbano, pola férveda de Entrecruces, pola feira, polo balneario, por Baldaio, o mercado, Razo, o río Anllóns... Coñeceron ben a importancia que ten a auga na capital de Bergantiños. As persoas que fagan unha compra superior a 30 euros, levarán de agasallo esta obra infantil.