«Xa me coñecían as vacas»

La Voz

CARBALLO

24 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Máis de tres decenios no mesmo posto dan para moito. Luis sábeo.

-Botará de menos o campo, aínda que supoño que seguirá vencellado.

-Como lle dicía eu aos meus compañeiros cando deixei Medio Rural, aínda que sigo mantendo o contacto con eles e ás veces incluso me chaman para consultar algunha cousa, foron 36 anos no cargo e xa me coñecían as vacas. Cando ía polos campos pensábao: «Estas vacas xa me coñecen, xa me saúdan nada máis verme» [ri]. En tanto tempo pisei moitas explotacións, dei con moitísima boa xente, xente marabillosa, e sempre me daba un pracer enorme atopar xente nova, involucrada. É outra loita que tamén se complicou moito. As cousas sempre poden mellorar ou, polo menos, como se soe dicir, que non empeoren.

-Dáballe alegría topar un mozo nunha granxa e agora levaráa cando atope un rapaz que fale en galego.

-¡Si, aínda que iso xa me daba alegría antes! O que pasa é que era máis doado, porque a xente do campo fálao máis. Disfrutábao moito, porque era máis de confianza, sobre todo dende o punto da inspección, que era o que eu tiña que facer. Parecía que unha inspección, falándolle eu en galego, non era tanta inspección [ri]. A lingua galega no ámbito rural é un símbolo de confianza entre a xente.