«Pido aos produtores de licor que creen un descafeinado»

Manuel Rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O técnico de Normalización Lingüística do Concello de Carballo é un dos organizadores da Praza dos Libros

22 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A semana que vén, do xoves 28 ao domingo 31 celébrase en Carballo a Praza dos Libros. Presentacións, actividades infantís, xogos e sobre todo literatura e a bo prezo son os ingredientes dun programa que se desvela esta mañá en rolda de prensa. Nel Vidal é un dos organizadores da cita.

-¿Quen foi Ramón Caamaño?

-Pode haber máis. Pero eu coñecín a un fotógrafo muxián.

-¿Verbena ou foliada?

-Con moita diferenza a foliada. -¿A que dolmen lle chaman a catedral do megalítico?

-Creo que é a Dombate.

-¿Cal é o último faro que se construíu en Galicia?

-Non sei se no porto exterior, se contan como faros... Non sei, digo Fisterra por dicir un.

-¿Cando foi a última vez que puxo unha lavadora?

-Esta mesma semana.

-¿Cal é o punto máis occidental de Galicia?

-Está aí, aí. Pode estar en Fisterra, pero máis ao norte está outro saínte que lle fai competencia.

-¿Un defecto?

-A timidez por dicir un, entre moitísimos outros.

-¿De que castelo foi dono Rui Soga Mariño de Lobeira?

-Supoño que do de Vimianzo.

-¿Que poeta andaluz lle dedicou un poema á Barca?

-García Lorca. Que esta semana foi o aniversario do seu asasinato. Vin por aí que hai algún libro de texto que escribiu «murió cerca de su casa».

-¿En que lle gusta pasar o tempo das vacacións?

-Poder non facer nada. Nunca estiven unha semana enteira tirado na praia, por exemplo. Non sei se me gustaría, pero si experimentalo.

-¿Cantos anos ten Avelina Mouzo, a avoa da Costa da Morte?

-Sei que máis de cen, andará polos 107.

-¿Un soño por cumprir?

-Se cadra ter tempo e capacidade para escribir ou facer algo creativo.

-¿Onde está o pazo de Romelle?

-Non coñezo o pazo, pero sei que Romelle está en Zas.

-¿Praia téxtil ou nudista?

-Eu son de usar bañador.

-¿Onde naceu o almirante Mourelle?

-En Carnota, creo.

-¿Licor café ou caipirinha?

-Licor café, aínda que tamén me gusta a caipirinha. Teño un problema agora que é que me afecta a cafeína. Así que lles pido aos produtores de licor que o fagan descafeinado. Coñezo máis potencial clientela.

-¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?

-Fíxeno unha vez até Santiago. Pero gustaríame continualo até Fisterra. Supoño que polo significado histórico do fin do Camiño.

verano sin tregua