Os «Contos de taberna» de Carballo deixan os bares e pasan a formato libro

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

22 ago 2014 . Actualizado a las 14:10 h.

Dezaseis autores locais, e outros tantos ilustradores, participaron nunha iniciativa promovida polo Concello de Carballo, Contos de taberna. Nela xogaron un papel clave diversos locais hostaleiros da capital bergantiñá, en tanto que cada un deses contos estaba inspirado nun establecemento, e foron estes os que os deron a coñecer entre os seus clientes en maio, parello a unha consumición. Agora, eses contos trasládanse a un libro: Contos de taberna. Edita Embora, coa colaboración do Concello, e chegará ás librarías en setembro, se ben xa se poderá mercar na Praza dos Libros de Carballo, entre o 28 e o 31 de este mes. De feito, o libro será presentado o sábado 30, ás 20.30. As tabernas sempre foron lugar de contos, de comunicación. Na escrita, os autores son Ramón Vilar, Rosalía Fernández, Mercedes Queixas, Paco Souto, Ignacio Silva, José Antonio Andrade, Farruco Graña, Santi Garrido, Henrique Mariño, Santiago Pazo, Cristina Abelleira, Xurxo Borrazás, María Canosa, Alberto Varela, Cabeza Quiles e Beatriz Fraga. Na ilustración, O?Mighelo, Pedro Tasende, Milagros Cotelo, Lidia Cambón, Paula Fraile, Mon Lendoiro, Santi Picos, Antonio Reino, Eva Facal, Antonio Taracido, Emi de las Heras, Roberta Venanzi, Chiña, Juan José Barro, Alberto Varela, Jacobo Veiga, Cristina Castro e Manuel Pazos.