«Quero vivir sen traballar e dedicarme ao que me gusta»

Manuel Rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O fisterrán lerá mañá o pregón da XXIII Festa do Longueirón e é un dos organizadores do I Encontro Pirata

01 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Verso, disfraz, teatro e retranca. Paixón de Roberto Traba e de calquera con sangue fisterrá. O I Encontro Pirata serve para reunilo todo nunha fin de semana.

-¿Por que actividade humanitaria destacou O Rubio de Camelle?

-Salvou a varias persoas de morrer afogadas.

-¿Verbena ou foliada?

-A estas alturas, de foliada.

-¿Cal foi o primeiro faro electrificado de España?

-O de Fisterra, ao mellor.

-¿Cando foi a última vez que puxo unha tixola ao lume?

-Onte pola noite quentei un pavo con coles de Bruxelas que fixo a sogra.

-¿Cal é o produto máis famoso do verxel de Bergantiños?

-A pataca.

-¿Un defecto?

-A mala hos...

-¿Cal é o punto máis occidental de Galicia?

-Metro adiante, metro atrás, o de Fisterra. Que me perdoen en Muxía. O sentimento conta.

-¿Que templo podería ter o tellado de ouro se quixera?

-Seino, pero non o vou dicir. Pola guerrilla con Muxía...

-¿Que libro está lendo agora?

-Estou lendo varios sobre a alarma que no 1809 houbo sobre a invasión francesa na Costa da Morte. Estou escribindo algo sobre iso.

-¿Que dous lugares do Concello de Zas teñen nome de hortaliza?

-Allo e Cebola.

-¿Un soño por cumprir?

-Vivir sen traballar e dedicarme ao que me gusta. Porque non sei se chegarei a xubilarme xa.

-¿Onde morreu Fernando Blanco?

-En Cuba.

-¿Cantos anos ten Avelina Mouzo, a avoa da Costa da Morte?

-104.

-¿Praia téxtil ou nudista?

-Téxtil, as miñas intimidades gárdoas para a miña compañeira.

-¿Quen foi Evaristo Martelo?

-Soa a trobador, algo do castelo de Vimianzo.

-¿Churrascada ou sardiñada?

-Sardiñada. Posme nun conflito.

-¿Que traxedia acabou con Man, o alemán de Camelle?

-O Prestige. Debería sabelo todo o mundo.

-¿Mar ou río?

-Mar. Aínda que me encanta o río. Fixen o Camiño da Prata e é espectacular cruzar as pontes das cidades.

-¿Cómo se chama o bar de Carballo situado no edificio onde naceu Alfredo Brañas?

-(...)

-¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?

-En Fisterra. E se pode ser tomando algo no bar A Galería moito mellor. (Ri.) Non se pode acabar en vinte sitios á vez. O nome é o nome. Onde acaban as cousas é onde ten a palabra Fin.

verano sin tregua