Os socios de Telón e Aparte poderán obter dous bonos para o próximo FIOT

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

01 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Os membros da asociación Telón e Aparte poderán acceder de xeito preferente a dous bonos para o próximo Festival Internacional Outono de Teatro, que se celebrará en Carballo durante o mes de outubro e que a entidade coorganiza xunto co Concello.

Na asemblea da asociación celebrada o 14 de xullo decidiuse que os socios que renoven o seu carné pagando os 20 euros de cota (por transferencia bancaria e durante o prazo que se abrirá do 6 ao 15 deste mes de agosto) poderán adquirir un bono para as funcións de sala con un 10 % de desconto e outro a prezo ordinario. Aqueles que queiran darse de baixa deberán presentar un impreso antes do día 5 no departamento municipal de Cultura.