«Con X de Muxía», novo programa de dinamización lingüística

carballo / LaVoz < / span>

CARBALLO

30 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O Concello de Muxía vén de poñer en marcha Con X de Muxía, un programa de dinamización lingüística, subvencionado pola Xunta, para a promoción e uso do galego en diferentes sectores. A primeira das iniciativas é O Camiño, en galego (II): isto é, a edición e distribución de manteis individuais para o seu uso nos restaurantes. Nestes manteis figura un mapa co percorrido do Camiño polo municipio, así como os nomes dos topónimos galegos e, tamén, puntos de interese turístico. Por otra banda, nunha das marxes do cartel aparecen, moi graficamente, unha serie de palabras en galego para desenvolverse na hostalaría. Esta actividade, segundo explican dende o Concello, xa se levou a cabo no 2012, sendo amplamente demandada polos distintos establecementos.

Con X de Muxía seguirá nos vindeiros meses cunha campaña de animación á lectura en galego, editando uns marcapáxinas con ilustracións de pintores afincados en Muxía e tamén a terceira edición do concurso Durmo... se me contas un conto.