Suso Bahamonde presentará «Expansión» o 30 de maio en Cee

La Voz

CEE

20 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Outra das novidades poéticas da comarca chegará da man do autor Suso Bahamonde, que o día 30 deste mes presentará en Cee (salón de actos do Concello, 21 horas) o seu novo poemario, Expansión.

Trátase dun libro publicado polo propio autor xunto coa editorial Punto Didot e que se poderá atopar non só en librerías, senón tamén en locais de ocio, concertos, salas de exposicións e algunhas bibliotecas públicas. Ademais, haberá unha versión dixital accesible para calquera tipo de dispositivo electrónico «por un prezo máis económico» e en You Tube dispón dun tráiler para ver en imaxes o contido do libro.