«Moitas veces os pais encóntranse desbordados»

C. V. carballo / la voz

CARBALLO

Manuel García.
Manuel García. casal< / span>

24 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A ANPA Pedras Brancas de Carballo dedicará a segunda xornada da súa Aula de Nais e Pais do Fogar ao uso axeitado de Internet. Manuel García Gómez, que é especialista en novas tecnoloxías e responsable no colexio do proxecto Abalarmóbil, encargarase de dar a charla, que será mañá, ás 10.00 horas, no propio centro.

-¿Que cuestións vai tratar?

-Explicarei como encauzar aos nenos. Moitas veces os pais encóntranse desbordados. Non se trata de ensinar tanto como saber os riscos de Internet.

-¿Que se pode facer?

-Os sistemas de control parental non serven se non hai unha previa educación. Explicarei como poñelos no ordenador para saber canto tempo están, que páxinas miran... É fácil, pero o que hai que facer é quitar o medo aos pais porque non todo é negativo. Se non manexan as novas tecnoloxías poden deixar plena liberdade ou prohibir todo e ningunha das dúas cousas é convinte. Internet é unha realidade á que temos que adaptarmos para ir crecendo con ela.

-¿Para que e cando se pode usar Internet?

-A partir de que empezan a ler. Utilízano na escola e alí están nun entorno controlado. A partir de primaria acceden a buscadores para ter información complementaria para a clase. Non so é chatear, pero non hai que deixar sós aos nenos. Se non o fariamos nunha cidade, tampouco diante do ordenador.