«A xente do pobo colabora moi ben»

s.?g. carballo / la voz< / span>

CARBALLO

Pedro Pouso.
Pedro Pouso. MANU NEGREIRA< / span>

14 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Pedro Pouso Lista leva varios anos colaborando na organización das festas de Camariñas, e este asumiu a presidencia, tanto das da Virxe do Monte como do Carme. As primeiras xa están aí, porque se celebrarán, coma sempre, o luns seguinte á Resurrección, que cadra ao día 21.

-¿Haberá algunha novidade?

-Non, mantemos o esquema de sempre. O domingo subirase a imaxe dende a capela do porto, o luns haberá actuacións de música tradicional na capela de arriba, e a festa estará abaixo, na praza do Mercado, con grupos e con discoteca móbil.

-¿E para o Carme?

-Xa temos practicamente todo listo. Actuarán París de Noia, Combo Dominicano, Marbella, Tequila, Sintonía de Vigo e dúas aínda pendentes.

-¿Dálle moito traballo? ¿A xente pórtase ben?

-Conseguir máis de 100.000 euros dá moito que facer, si. Pero a xente do pobo colabora moi ben, non hai queixa. E iso vale de moito.