«Achegarse ao portugués é abrir a porta que temos na casa »

La Voz

CARBALLO

XESÚS BÚA

09 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

No instituto Fernando Blanco de Cee pódese estudar portugués. Non é algo frecuente na comarca, nin forma parte do currículo: é unha actividade extraescolar cuns trinta alumnos. Serxio Iglesias, veciño de Corcubión, é o mestre desa lingua, ademais de escritor. Acaban de regresar de Coímbra dunha viaxe de estudos.

-¿Como viron Portugal?

-Os rapaces están exultantes, con ese brillo da adolescencia de descubrir realidades.

-¿Por que portugués?

-Comezamos con esta experiencia o ano pasado e plantexámolo de maneira voluntaria entre os alumnos de primeiro de bacharelato. Son clases de iniciación á lingua e cultura portuguesas: o achegamento ao portugués é abrir unha porta que temos na casa. Esa ansia de coñecer unha lingua tan achegada a nós callou no alumnado. É gratificante ver como lles gusta, sendo, ademais, dende un punto de vista pragmático, a lingua tamén dun país tan emerxente como Brasil, que está reclamando xente.