Rosalía Fernández Rial, homenaxe e novidade literaria

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

25 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A poetisa carballesa muxiá Rosalía Fernández Rial, e presidenta da asociación cultural Lumieira, está de actualidade estes días por partida dobre. O sábado pasado tomou parte no acto celebrado no pavillón central do psiquiátrico compostelán de Conxo para conmemorar o aniversario do célebre banquete de 1856. Desde a monumental escalinata do recinto e xunto ao músico Pablo Vidal ofreceu un recital poético musical.

Ademais, onte chegou ás librarías a nova obra da autora, Ningún amante sabe conducir (Edicións Positivas), un poemario no que tamén hai espazo para o teatro e a prosa.