Miro Villar, premiado pola Asociación Galega de Editores

La Voz

BETANZOS

23 mar 2014 . Actualizado a las 18:12 h.

O escritor ceense Miro Villar continúa acumulando galardóns pola súa obra A pantasma na casa da matanza. Nesta ocasión, foi a Asociación Galega de Editores, na novena edición dos premios Ánxel Casal, quen recoñeceu o traballo de Villar (cuarto á dereita da imaxe), outorgándolle o premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil do ano 2013. O acto tivo lugar no Liceo de Betanzos, e nel participaron, entre outros, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Betanzos, José Ramón García.