Alumnos do Parga Pondal debaten hoxe en Teo

La Voz

FERROL CIUDAD

14 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Nove alumnos de cuarto da ESO do instituto carballés Parga Pondal acoden hoxe a Teo para participar na fase de zona do Club de Debate Galego. Alí daranse cita uns 80 estudantes de oito equipos dos municipios de Ames, Santiago, Rois e Teo (ademais do carballés).

Nesta xornada haberá oito debates -o tema é Nós, á nosa idade, o único que temos que facer é estudar e pasalo ben-, dos cales o xurado deberá emitir unha puntuación para a clasificación final. Os dous primeiros recibirán como agasallo material cultural por valor de 500 e 300 euros e logo competirán cos equipos doutras zonas o 26 de abril, en Ferrol.