O «Breizh» de Miro Villar achégase a Arteixo

carballo / la voz

VIGO CIUDAD

27 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O escritor ceense Miro Villa achegarase este venres (20.00 horas) a Arteixo para presentar, na libraría A Lus do Candil, do fisterrán Modesto Fraga, o seu último poemario, Breizh, editado por Toxosoutos.

A obra é unha das candidatas a recibir o premios Ánxel Casal, que entregará en Vigo o vindeiro 15 de marzo a Asociación Galega de Editores.

O poemario recrea en forma de haikus (poemas breves de orixe xaponés) algunhas das lembranzas dunha viaxe que fixo á Bretaña francesa co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom) e cada un dos haikus convértese en guía das distintas etapas do percorrido. Precisamente, na presentación que realizará en Arteixo Miro Villar estará acompañado polo presidente da entidade, Xosé María Lema Suárez, responsable do limiar de Breizh.