Unha canción de berce dá nome ao novo traballo

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

Nena do mare, a canción que da nome ao novo disco de Birimbao, foi composta por Chema Lorenzo cando naceu a súa filla. «E en vez de cantarlla só para durmila, acabou formando parte do disco», explicou onte. Foi despois de engadirlle aos ritmos clásicos dunha canción de berce os dunha danza eslava. «E así naceu o tema que agora a miña filla pide que lle poña cada vez que sube ao coche», explicou Chema.

O novo disco, que pode conseguirse nalgunhas tendas especializadas de A Coruña e tamén a través da páxina web do grupo (www.birimbao.net) saíu ao mercado o pasado mes de decembro, pero a súa presentación oficial aínda está por detallar. Iso si, todos os compoñentes de Birimbao confían en poder amosalo ao público nos principais festivais folks de Galicia, nos que xa teñen actuado xunto con grupos como Luar na Lubre ou Guendal.

Más información Selección realizada automáticamente

 

Saber más...