A reitoral de Cospindo quedouse pequena esta tarde para acoller a todas as persoas que quixeron sumarse á homenaxe a Anisia Miranda organizada pola Fundación Eduardo Pondal.
Veciños, amigos e ata os máis cativos do lugar participaron nun acto marcado pola lembranza da escritora falecida hai tres anos. O seu viúvo, Xosé Neira Vilas, estivo tamén presente e agradeceu as numerosas mostras de agarimo recibidas no transcurso dunha tarde plagada de música, poesía e emocións.
Más información