O 25 aniversario das excavacións de Dombate foi celebrado cunha festa da cultura e da historia

Angel Palmou VAL DO DUBRA

CARBALLO

Xosé María Bello recibe unha praca de agradecemento de mans do alcalde de Cabana, José Muíño
Xosé María Bello recibe unha praca de agradecemento de mans do alcalde de Cabana, José Muíño Angel Palmou

O Concello de Cabana homenaxeou ao arqueólogo José María Bello e a La Voz de Galicia

21 dic 2012 . Actualizado a las 15:39 h.

Vintecinco anos despois das excavacións de Xosé María Bello, o arqueólogo voltou esta mañá a Dombate para participar nun acto organizado polo Concello de Cabana e plagado de emotividade. Bello, que foi agasallaso cunha praca de agradecemento, lembrou o seu primeiro contacto co dolmen e relatou diversas anécdotas sobre as excavacións que sacaron á luz os segredos do monumento megalitico. O alcalde cabanés, José Muíño, tamén entregou un agasallo ao delegado de La Voz de Galicia en Carballo, Xosé Ameixeiras, polo labor desenvolvido polo xornal en favor da recuperación de Dombate.

No acto estiveron presentes un grupo de 50 alumnos cabaneses que desenvolveron diversas actividades formativas no xacemento.