A memoria de Man revive nun libro infantil ilustrado

carballo / la voz < / span>

A CORUÑA CIUDAD

As dúas autoras, flanqueando a Manuel Rivas no acto celebrado onte en A Coruña.
As dúas autoras, flanqueando a Manuel Rivas no acto celebrado onte en A Coruña. GUSTAVO RIVAS< / span>

18 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

A lembranza da fonda impresión que lle causou cando coñeceu a Man e a chegada do décimo aniversario da súa morte, animaron a profesora e escritora coruñesa Beatriz Maceda Abeleira a escribir un libro na súa memoria. Os seus textos convertéronse en imaxes graza á ilustradora Laura Veleiro e o traballo conxunto das dúas acaba de ver á luz a través dun libro, Man, o Alemán de Camelle, editado por Galebook e que foi presentado onte na Biblioteca de Estudos Locais de A Coruña polo escritor Manuel Rivas.

A obra está dirixida ao público infantil e permite achegarse á figura de Man, tanto como artista como defensor da natureza, cunha linguaxe e unhas imaxes pensadas para inculcar nos máis novos a importancia do respecto ao medio ambiente. O libro estará dispoñible en formato impreso e dixital.