A Fundación Pondal deu vida a tres libros diferentes

Xosé Ameixeiras
A. Lavandeira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Miguel Ángel Queipo, Oscar de Souto, Antón Borrazás, José Antonio Pet e José Antonio Figueiras.
Miguel Ángel Queipo, Oscar de Souto, Antón Borrazás, José Antonio Pet e José Antonio Figueiras. Casal< / span>

14 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Unha novela, un libro de relatos e un poemario deron para un novo encontro cheo de vida literaria na Fundación Pondal. Primeiro foi Querida Paula, de José Antonio Andrade Figueiras, avogado e incansable camiñante de Bergantiños, como contou o seu presentador, Evaristo Domínguez Rial. É unha obra epistolar chea de sintonías onde se relata unha relación de amor que xa parece imposible.

José Antonio Pet Posse deu a coñecer Relatos de antaño e hogaño. É a súa décimo terceira obra e a terceira que dá a coñecer no Couto. Dixo que o libro é coma un mandado de Xosé María Varela, patrón da fundación pondaliana, para que deixara testemuña do ocorrido nos tempos da fame. É coma unha especie de memorias, cargadas de anécdotas, contos e historias fantásticas, unhas e reais outras que antigamente se contaban nas lareiras.

Por último, Antón Borrazás, Miguel Ángel Queipo Salvande e Óscar de Souto presentaron e recitaron poemas de Versus, o seu libro conxunto, no que teñen moi claro que «a poesía, nos tempos que corren, é unha arma cargada de futuro».