«A presenza en Arco é un paso importante no recoñecemento»

Santiago Garrido Rial
s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O malpicán aporta catro cadros e unha foto á feira de arte

16 feb 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Enrique Lista (1977), natural de Malpica, é un dos escasos artistas da Costa da Morte que logran expoñer en Arco, a gran feira internacional de arte contemporáneo que se celebra estes días no recinto Juan Carlos I de Madrid. O seu vencello coa comarca é familiar, xa que tanto o pai como a nai son malpicáns, e neste municipio pasou unha parte da súa vida, pero agora o seu traballo lévao a moverse sobre todo entre A Coruña e Pontevedra. Nesta cidade licenciouse en Belas Artes, e traballa na súa facultade, dependente da Universidade de Vigo, como investigador.

Enrique chegou onte a Madrid, día da inauguración de Arco. Os seus traballos forman parte dos que aporta a galería Adhoc de Vigo, unhas das tres que Galicia ten na feira.

-¿Cal é a súa aportación artística a Arco?

-Levo dous traballos, unha fotografía e catro cadros realizados con viño tinto.

-¿Como é iso do viño?

-Son catro cadros de 40 x 40 centímetros, nos que aparecen moitos círculos confeccionados con distintos recipentes: diversos vasos, de chupitos, de whisky, potas... Ao final resultan unha serie de composicións xeométricas e créase un efecto óptico, que incluso pode dar lugar a unha especie de mareo visual, o cal resulta interesante tendo en conta que se fixo a base de viño.

-¿E a fotografía?

-É unha imaxe de gran tamaño, un metro de ancho por un metro setenta de alto, máis ou menos a altura dunha persoa, no que aparecen tres percebes de pé cunha regra ao lado, como nas roldas de recoñecemento dunha película policiaca. Eu titulo esa imaxe Sospeitosos, no sentido de xogar con que eses percebes non dan a talla legal. En fin, hai unha certa coña, ironía, niso.

-¿Como afronta a súa presenza en Arco?

-Eu vou como galego, dunha galería galega, a unha feira de arte, que se celebra no mesmo sitio onde se fixo Fitur e máis un salón gastronómico. Unha curiosa mistura de turismo e gastronomía, e agora isto pode verse como unha maneira de turismo cultural [ironía de novo nas súas palabras].

-¿É a súa primeira vez na cita?

-Con obra, si é a primeira vez.

-¿E que lle parece? ¿É importante para un artista?

-Como artista, no campo das artes, hai varios sustentos de lexitimidade. O do mercado é un deles, pero non é unha garantía. É complicadísimo vivir da venda de obras. A presenza en Arco é un paso importante no recoñecemente nesta carreira de fondo. Outro son os recoñecementos que fai a crítica, nas exposicións...

PERFIL

Unha ampla traxectoria

Ademais de Belas Artes, Enrique estudou gráfica publicitaria na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. Ten traballado en deseño gráfico, artes plásticas e fotografía, e como artista plástico participou en numerosas exposicións. A lista é moi longa: O MARCO de Vigo, Torrente Ballester de Ferrol, CGAC, o Sant Andreu de Barcelona, Madrid, Sargadelos...

Es cierto que las playas son para el verano, pero también es verdad que el paisaje de la Costa da Morte debe disfrutarse todo el año. Todo ello es especialmente relevante cuando se trata de una zona tan hermosa como Nemiña, uno de los enclaves más bonitos y más salvajes de la comarca. La pena es que la basura se amontona sobre la arena. Puede que la haya traído el mar, pero debe llevársela el Ayuntamiento. foto ana garcía.